¿ Que é guifi ?


guifi.net é unha rede de telecomunicacións, é unha rede aberta, libre e neutral que se vertebra a partir dun acordo de interconexión entre iguais, onde cada participante, ao conectarse, estende a rede e obtén conexión con todos os demais.

guifi.net é de todos os seus participantes. É un proxecto colabora-tivo organizado horizontalmente que reúne tanto a persoas individuais, colectivos, empresas, administracións e universidades. É aberto e, polo tanto, todos participamos en igualdade de condicións baixo o marco do Comuns Sensefils. O día 11 de xullo de 2008 creouse a "Fundació privada per á xarxa oberta, lliure i neutral guifi.net" coa finalidade de ser un instrumento máis ao servizo da rede aberta sen alterar a súa formato orixinal. A dirección de correo da Fundación é fundacio (arroba) guifi.net * Pódese contactar con guifi.net nos foros * A documentación de guifi.net pódese consultar en http://guifi.net/es/ESDocs * Podes ver onde hai a rede visualizando os mapas Miles de particulares, empresas e administracións están facendo rede seguindo o modelo guifi.net, para conectarse e para facer instalacións, mantementos e aportar contidos. ¡Fáltasnos ti!